LG presenta un teclado encartable para dispositivos móbiles

xoves, 27 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Continuando a debullar o catálogo de produtos que LG levará á feira IFA de Berlín, temos agora un accesorio para tabletas e smartphones que pode resultar moi atractivo para usuarios que precisen de desenvolver certos traballos de produtividade en mobilidade, xa que trátase do Rolly Keyboard (modelo KBB-700), un teclado portátil de catro fileiras que pode encartarse formando unha peza compacta que pode levase comodamente nun peto, nun bolso ou nun maletín.
O Rolly Keyboard diferénciase de moitos outros teclados móbiles por resultar bastante cómodo de usar ao contar con teclas de 17 milímetros, tamaño moi próximo aos 18 milímetros da meirande parte dos teclados de escritorio. Está feito de policarbonato resistente e plástico ABS, conseguindo un táctil duro, o que resulta moito máis agradable que as teclas de silicona flexible de moitos teclados semellantes.
O teclado pode emparellarse automaticamente mediante Bluetooth 3.0 con 2 dispositivos á vez, podendo alternar entre ambos con só premer unha tecla, e aliméntase cunha batería AAA que achégalle unha autonomía de até 3 meses para un uso medio.
En setembro comezará a venderse o teclado nos EE.UU., chegando a Europa durante o último trimestre do ano.

Vídeo promocional do LG Rolly Keyboard