LG presenta un panel LCD con WiDi

luns, 9 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Para facilitar a achega de contidos sen fíos LG Display presenta un novo panel LCD de 23,8 polgadas que integra a tecnoloxía Intel Wireless Display (WiDi), facilitando así a creación de monitores que poidan amosar contidos do ordenador de sobremesa ou do portátil (e outros dispositivos compatibles con WiDi) dun xeito moi cómodo sen precisar de dispositivos adicionais.
Con este novo panel non só LG terá monitores con WiDi, senón que tamén permitirá que outros fabricantes poidan incorporar esta tecnoloxía. O novo panel poderá verse estes días en San Francisco, onde está a celebrarse o Intel Developer Forum (IDF13).

PUBLICIDADE