LG presenta un novo monitor curvo ultra panorámico
mércores, 24 de xullo do 2024
LG porá á venda o mes que vén o novo LG MyView Smart Monitor (modelo 34SR65QC), pantalla curva de 34 polgadas en formato ultra panorámico (relación de aspecto 21:9) que resulta ideal para experiencias de uso inmersivas, especialmente para consumir contidos audiovisuais (lembremos que as súas proporcións son as máis populares nas producións cinematográficas) e gozar de videoxogos.
Este novo monitor conta cun panel VA cunha resolución de 3.440 x 1.440 pÃxeles, con 300 nits de brillo e unha cobertura do 99% do espazo de cor sRGB, podendo resultar apto para quen quere principalmente ampliar o escritorio informático de cara a empregar varios aplicacións ao mesmo tempo.
O monitor tamén integra webOS, ou sexa, o sistema operativo dos televisores de LG, polo que permite gozar de aplicacións como Netflix, YouTube ou Prime Video sen ter que empregar un ordenador para reproducir os contidos, e tamén poderÃa proxectar contidos enviados dende dispositivos móbiles.