LG presenta un monitor IPS 4K para gaming
martes, 21 de xullo do 2020
Para os xogadores máis esixentes LG presenta o novo
monitor UltraGear (modelo 27GN950), o primeiro monitor gaming IPS 4K
cunha velocidade de refresco GTG de 1 milisegundo. Temos así unha pantalla que
pode ofrecer imaxes rápidas sen comprometer a calidade de imaxe.
Este impresionante monitor cubre o 98% do espazo de cor DCI-P3 e fai uso da
tecnoloxía VESA Display Stream Compression, que ofrece imaxes 4K con cor de 10
bits sen perda a unha velocidade de refresco de 144 Hz a través dun único cable
DisplayPort.
No que respecta ao vídeo, este monitor conta con certificación VESA DisplayHDR
600, conseguindo así uns niveis de calidade de imaxe, precisión de cor, contraste
dinámico e alta iluminación destacable. Tamén é compatible con nVIDIA G-SYNC, evitando
así certos fallos gráficos durante os xogos. Para completar esta magnífica
pantalla temos que pode regularse en altura e inclinación.