LG presenta os seus televisores de plasma Xcanvas BoBos

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

LG vén de lanzar no mercado surcoreano unha nova liña de televisores de plasma chamados Xcanvas BoBos que destacan por ter un sistema de altofalantes invisibles. Dentro desta nova familia de televisores temos modelos de 3 distintos tamaños (42, 50 e 60 polgadas) que inclúen a tecnoloxía Time Machine que fai máis doado o acceso a gravacións en DVD e disco duro externo, manexados directamente no televisor.
Estes novos televisores serán HD Ready na súa edición de gama media, existindo tamén a posibilidade de adquirilos con FullHD (1.920 x 1.080 píxeles) nos tamaños de 50 e 60 polgadas. Enténdese así que o plasma estea a ceder mercado ante os televisores LCD, que cada día melloran en calidade e chegan á alta definición a uns prezos máis reducidos.

PUBLICIDADE