LG presenta novos monitores 3D con lentes pasivas
mércores, 27 de abril do 2011
As 3D resÃstense
a chegar aos fogares, en grande medida polo elevado prezo televisores e
monitores que soportan tal tecnoloxÃa e a necesidade de lentes para gozar das
imaxes estereoscópicas, pero dende LG continúan a avanzar neste eido e presentan
agora os monitores D41P e D42P con Cinema 3D. Estamos ante pantallas cunha
resolución de 1.980 x 1.080 pÃxeles con resolucións de 21,5 e 25 polgadas
respectivamente, que fan uso de tecnoloxÃa FPR para permitir que funcionen
cunhas lixeiras gafas pasivas.
Os monitores teñen unha velocidade de resposta de 5 milisegundos, HDMI 1.4 e a
posibilidade de amosar imaxes 2D en 3D, e agárdase a súa chegada ao mercado
surcoreano en xuño, para chegar máis adiante a Europa.
A aposta pola tecnoloxÃa 3D con lentes pasivas busca reducir a fatiga visual
(xa que as imaxes non pestanexan) e,
ao non precisar de compoñentes electrónicos nos lentes, permiten deseños máis
atractivos, un peso menor e sen a
incomodidade dunha baterÃa recargable. Dende LG aseguran que un estudo
realizado por Research Company TNS sostén que o 77% dos consumidores prefiren a
tecnoloxÃa FPR ás pantallas con lentes activas.
- Os novos monitores de LG teñen uns tamaños de 21,5 e 25 polgadas