LG presenta discos duros externos de coidado deseño

mércores, 30 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os discos duros externos son moi habituais grazas especialmente á popularización dos ordenadores portátiles, e a súa estética e comodidade son elementos cada vez máis valorados polos consumidores, de aí que LG presente as novas unidades XG1 Chic, que son discos duros SATA II de 3,5 polgadas en capacidade de 1, 1,5 e 2 Tb que venderanse en cor branca ou negra e inclúen soportes que facilitan a súa colocación en vertical (minimizando o espazo que ocupan no escritorio).
Estas unidades tamén prometen unha disipación de calor silenciosa e un baixo consumo, o que agradecerán os seus futuros usuarios, que terán un dispositivo que non só entra polos ollos, senón que tamén é de certa calidade. Sairán á venda en Corea do Sur en xaneiro, quedando por confirmar as datas de comercialización internacional.

PUBLICIDADE