LG presenta a súa solución móbil de recoñecemento de voz
mércores, 20 de xuño do 2012
Despois
de que Apple integrase o sistema de recoñecemento de voz Siri no iPhone 4S,
Samsung respondeu incluÃndo a tecnoloxÃa S-Voice no Samsung Galaxy S III, e o LG
non quere ser menos, polo que vén de dar conta de Quick
Voice, tecnoloxÃa de recoñecemento de voz que permite lanzar aplicacións,
programar avisos, realizar chamadas, consultar a información meteorolóxica e
outras funcións que nas vindeiras semanas vai chegar a varios dispositivos da
familia Optimus mediante unha actualización do seu software.
Os primeiros dispositivos en incorporar Quick Voice en Corea do Sur serÃan o LG
Optimus Vu a finais de mes e o Optimus LTE 2 no mes de xullo, datas nas que
tamén estarÃa prevista a súa actualización a Android 4.0 (polo que non serÃa
sorprendente que chegasen da man). Polo momento non deron detalles sobre o
espallamento internacional desta tecnoloxÃa de recoñecemento de voz.