LG presenta a primeira pantalla 3D Full HD

xoves, 3 de decembro do 2009 Marcus Fernández

LG anunciou o primeiro lanzamento comercial dunha pantalla LCD que combina tecnoloxía 3D con resolución Full HD, comezando por monitor de 23 polgadas que cuns lentes especiais permitirán gozar de imaxes estereoscópicas, funcionando tamén cun excelente rendemento á hora de presentar imaxes 2D, podendo conmutarse entre o modo de funcionamento bidimensional e o tridimensional.
Ata o momento as pantallas deste tipo non chegaban a unha resolución Full HD, polo que este avance será especialmente ben recibido polos afeccionados aos videoxogos, que sons os que actualmente contan con máis contidos accesibles a través desta tecnoloxía, pois boa parte dos videoxogos publicados nos últimos anos permiten a súa visualización en 3D.
Nos vindeiros meses tamén agárdase que aparezan varias películas en Blu-ray en 3D, mentres que en Corea do Sur pretenden lanzar (en probas) a primeira canle de televisión Full HD en 3D para a segunda metade de 2010, mentres que Xapón e Reino Unido tamén anunciaron as súas experiencias piloto de emisións 3D vía satélite.

PUBLICIDADE