LG personalizará os seus móbiles con Android 4.0
mércores, 16 de maio do 2012
LG Electronics presentou hoxe a nova interface de usuario
que vai introducir nos seus novos móbiles con Android 4.0 e que chamarase Optimus UI
3.0, integrando en terminais como o LG Optimus LTE II e o LG Optimus 4X HD
novas funcionalidades personalizadas polo fabricante, como xeito de diferenciarse
dos seus competidores (Samsung e HTC tamén engaden unha capa de personalización
os seus dispositivos con Android).
O Optimus UI 3.0 está deseñado buscando a simplicidade e a comodidade e entre
as súas novidades estarán a posibilidade de desbloquear o móbil cun
desprazamento en calquera lugar da pantalla, poderanse colocar as funcións máis
utilizadas (como a cámara) unha vez que se desbloquea o terminal, poderanse
disparar fotografÃas mediante ordes orais, a cámara pode disparar a refoladas
para elixir a mellor toma, será posible empregar fotografÃas propias como
iconas e imaxes de atallo, contarase cunha categorÃa no menú para organizar de
xeito doado as descargas, como prestación estrela, teremos unha ferramenta
chamada Quick Memo, que permitirá tomar notas na pantalla empregando o dedo.