LG mellora o seu smartphone con stylus
mércores, 1 de xuño do 2016
Tras
sorprender LG coa incorporación
da tecnoloxÃa DAB+ no seu LG Stylus 2, optan por renovar o dispositivo
cunha versión que mellora a experiencia de usuarios e que sae hoxe á venda en
Taiwán, chegando en poucas semanas ao resto do mundo. O novo LG
Stylus 2 Plus vai na liña do seu predecesor, cunha pantalla Full HD IPS de
5,7 polgadas (que antes só tiña unha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles) e un
lapis dixitalizador como sistema de control, pero desta volta móvese cun
potente procesador de oito núcleos a 1,4 GHz e a súa cámara traseira chega até
os 16 MpÃxeles quedando a cámara frontal con até 8 MpÃxeles. Con respecto ás
cámaras cómpre salientar que ambas teñen flash, conseguindo asà fotografÃas e
vÃdeos máis nÃtidos en malas condicións de iluminación.
Outros detalles deste smartphone é que contará con versións con 2 ou 3 GB de
RAM, 16 ou 32 GB de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, lector de
pegadas dixitais, LTE e baterÃa extraÃble. ComercialÃzase en cor titán, ouro ou
marrón, o seu grosor é de só 7,4 milÃmetros, o seu peso de 145 gramos e, para
completar este atractivo smartphone, temos que funciona con Android 6.0, de
xeito que estamos un dispositivo que chega á
última, mantendo o seu prezo nun rango máis contido que o dos seus
principais competidores.