LG leva os seus televisores OLED ata as 55 polgadas

luns, 26 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Coa proximidade do CES de Las Vegas ven a luz distintos dispositivos de electrónica de consumo que buscan captar a atención do público e da industria, e que adiantándose ás datas oficiais, conseguen crear certa expectación, como está a facer LG ao anunciar que vén de desenvolver o televisor OLED máis grande do mundo, cunha diagonal de 55 polgadas, un contraste de 100.000:1, unha elevada velocidade de reacción e unha ampla gama de cores.
LG entende que a tecnoloxía OLED vai marcar o futuro dos televisores, e aínda que ata o momento víase limitada a pantallas de pequeno tamaño, agora demostraron poder rachar coas barreiras establecidas. Amais, estas novas pantallas teñen un grosor de só 5 milímetros e son máis lixeiras que as LCD tradicionais. Tamén teñen un marco moi reducido, o que contribúe a mellorar o seu atractivo estético.

A tecnoloxía OLED pemite reducir o grosor do panel ata os 5 milímetros

PUBLICIDADE