LG integrará calibración automática nas súas barras de son de alta gama

venres, 27 de decembro do 2019 Marcus Fernández

LG confirma que vai levar ao CES de Las Vegas a súa nova colección de barras de son, que na súa meirande parte de sistemas incluirá Dolby Atmos e DTS.X para un son máis inmersivo, así como AI Room Calibration, ou sexa, un sistema baseado en intelixencia artificial que axustará automaticamente o son ás características da estancia na que se coloquen os altofalantes. Deste xeito as barras de son de alta gama de LG calibraranse automaticamente en función do espazo no que estean, facendo así que as experiencia envolvente sexa aínda máis realista.
Dende LG tamén dan conta que a meirande parte dos sistemas serán compatibles cos altofalantes traseiros sen fíos SPK8, así como o feito de que continúan a ampliar a cantidade de dispositivos que integran o Asistente de Google, facilitando así o uso de sistemas domóticos mediante a voz, ou simplemente para manexar o sistema en mans libres.

PUBLICIDADE