LG inicia a produción da pantalla do seu vindeiro smartphone insignia
luns, 6 de abril do 2015
Anticipándose á presentación do seu novo smartphone
insignia, o LG G4, o fabricante surcoreano dá a coñecer o
inicio da produción do que serÃa a súa pantalla, un panel LCD de 5,5
polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles, ou sexa, cunha densidade de
538 pÃxeles por polgada, destacando tamén por unha gama de cor do 120%, o que
serÃa moi superior a outras pantallas de dispositivos móbiles que hai no
mercado no que a precisión e riqueza de cor se refire, para o que a compañÃa
tivo que combinar un chip LED azul con fósforos verde e vermello, en vez de
empregar o amarelo como fan outros LCD.
LG tamén asegura que o seu novo panel ofrece unha relación de contraste un 50%
superior a outros paneis QHD e un brillo un 30% superior, sen que iso supoña un
incremento do seu consumo. O uso de luz ultravioleta para formar as capas do
panel conseguirÃa negros máis profundos e imaxes máis definidas, e grazas á
tecnoloxÃa Advanced In-Cell Touch (AIT) tamén se conseguirÃa unha excelente
respostas táctil.
Con este anuncio LG parece querer deixar claro que a finais de mes o LG G4 estará
listo para a súa comercialización global.