LG facilita a conexións dos seus novos monitores con smartphones
venres, 20 de xullo do 2012
LG pon á venda nos mercados asiáticos (para traelos dentro
dunhas semanas ao resto do mundo) un
par de monitores da familia IPS7 en tamaños de 27 e 23 polgadas e
resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, que non só presumen da calidade de imaxe
que achega o seu panel LED IPS (ideais para poder gozar de cores máis vivas,
imaxes en movemento menos borrosas e mellor ángulo de visión), senón que tamén
contan con Mobile High-Definition Link (MHL), o que fai doada a súa conexión
con dispositivos externos como smartphones
para poder ver os seus contidos multimedia en pantalla grande.
Os monitores LG IPS277L e IPS237L teñen un marco de só 1,2 milÃmetros, un
grosor de só 14,1 milÃmetros e unha función de calibración para axudar a
igualar o máximo posible as cores en pantalla coas equivalentes no mundo real,
o que resulta moi práctico para fotógrafos e deseñadores gráficos.