LG comeza a vender internacionalmente un pequeno proxector de vÃdeo de alta definición
luns, 20 de outubro do 2014
Sen
entrar no segmento dos pico-proxectores, LG está a comezar a
distribución internacional do que aseguran que é o proxecto portátil máis
pequeno do mercado, o LG HD MiniBeam
(modelo PH300) que combina elementos como unha transportabilidade elevada,
unha boa experiencia visual e unha lámpada LED de longa vida (até 30.000 horas).
Este novo proxector de vÃdeo ten unha resolución nativa de 1.280 x 720 pÃxeles
(o que resulta notable para un dispositivo que só mide 103-113 x 85 x 54-64
milÃmetros e pesa 430 gramos), ten unha relación de contraste de 100.000:1,
pode xerar unha pantalla de 100 polgadas a unha distancia de 3,75 metros, pode
presentar documentos de Office e pelÃculas DivX HD achegadas a través de USB,
conta con entrada HDMI (compatible con MHL) e pode operar tanto cun adaptador
de corrente como cunha baterÃa interna de 3.000 mAh (o que supón unha autonomÃa
de até 2,5 horas).
Este dispositivo resulta ideal para o seu uso con ordenadores portátiles e
incluso dispositivos móbiles, para ver contidos multimedia ou realizar
presentacións, aÃnda que para facer tal é preciso limitar as proxeccións a
localizacións con moi pouca luz ambiental, xa que o proxector ten un brillo de
só 300 lumenes ANSI.
O LG HD MiniBeam tamén integra un par de altofalantes de 3 watts cada un,
inclúe mando a distancia e incluso é compatible con WiDi e Miracast
(facilitando a clonación da pantalla dun ordenador ou dun dispositivo móbil).
- O novo proxector de LG ofrece unha imaxe ben definida pese ao seu reducido tamaño