LG Optimus Pro, móbil Android con aires de BlackBerry

martes, 12 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Aínda que a meirande parte dos móbiles con Android optan por unha pantalla táctil de grande tamaño, outros terminais van por outro camiño, buscando captar a un público profesional, como o LG Optimus Pro, que chega cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas (cunha resolución de 240 x 320 píxeles) e cun teclado QWERTY que lembra aos de BlackBerry.
O LG Optimus Pro funcionaría con Android 2.3.3, procesador a 800 MHz, 512 Mb de RAM, 150 Mb de memoria interna libre, cámara de 3 Mpíxeles, Wi-Fi N, A-GPS, batería de 1.500 mAh, unhas medidas de 119,5 x 59,7 x 12,9 milímetros e un peso de 129 gramos. Aínda hai pouco información sobre este terminal, pero parece que vai chegar inicialmente ao mercado italiano a un prezo de 179 euros.


O novo móbil visto en vídeo

PUBLICIDADE