LEGO Indiana Jones supera en vendas a Metal Gear Solid 4
martes, 24 de xuño do 2008As listaxes de
vendas de videoxogos normalmente presentan resultados separados por
plataformas, o que pode dar a entender que as vendas dalgúns tÃtulos son superiores
á realidade, e que as novas consolas acadan uns resultados moi bos cando o
certo é que o lastre das plataformas anteriores aÃnda inflúe moito, e coma
exemplo temos a listaxe de vendas no Reino Unido (que normalmente se poden
trasladar ao resto de Europa) na que o agardado Metal Gear Solid 4: Guns of Patriots para PS3 caeu á segunda
posición, xa que LEGO
Indiana Jones conseguiu liderar ás vendas
en boa medida porque sumou os resultados das súas versións para PC, Xbox 360,
PS3, PS2, PSP, Nintendo DS e Wii.
O terceiro tÃtulo na listaxe é Alone in
the Dark(para Xbox
360, PS2, PC e Wii), seguido de Grand
Theft Auto IV (para PS3 e Xbox 360), confirmando que os xogos multiplataforma conseguen sumar uns mellores
resultados, o que ratifica Guitar Hero
III (para Xbox 360, PS3, PS2, PC, Nintendo DS e Wii), que se mantén no 9º
posto pese a que xa leva máis de medio ano á venda.
Revisando a listaxe de vendas británica podemos ver que a meirande parte dos
xogos son multiplataforma, e o único fabricante que é capaz de acadar bos
resultados sen apostar por consolas doutras compañÃas parece ser Nintendo,
mentres que a PS3 e a Xbox 360 aÃnda non teñen boa sorte cos seus tÃtulos
exclusivos, polo que a alta definición non parece estar a ser un factor chave á
hora de mercar xogos.