LEGO City Undercover estrea trailer en español

martes, 5 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

O 28 de marzo vai chegar ás tendas LEGO City Undercover, a primeira aventura de acción de mundo aberto en exclusiva para Wii U, ou sexa, que as figuras de LEGO atrévense cun xogo que está a ser considerado como un herdeiro do GTA: San Andreas, aínda que desta volta encarnaremos ao policía Chase McCain, que nunha misión de incógnito deberá rematar co crime en LEGO City e prender ao perigoso Rex Fury. Este novo título terá como grande incentivo o vir totalmente localizado ao español, como pode verse no seu último trailer, no que tamén nos detallan algunhas das súas características.
LEGO City Undercover non só seguirá na liña doutros xogos de LEGO con diversión e humor, senón que tamén aproveitará o hardware da Wii U como corresponden a un título exclusivo para esta nova plataforma, de xeito que poderemos empregar o GamePad da consola doméstica de Nintendo para buscar pistas e atopar aos criminais, para obter actualizacións para a misión e moito máis.
O xogo tamén estará dispoñible nunha edición limitada que incluirá unha figura de LEGO de Chase McCain.


Novo trailer en español do xogo LEGO City Undercover

O xogo segue na liña dos últimos títulos baseados en bonecos de LEGO, cunha mecánica sinxela e o uso do humor

PUBLICIDADE