Krafton rescata o estudio de videoxogos Tango Gameworks
luns, 12 de agosto do 2024
- Persoal de Tango Gameworks celebrando o lanzamento de Hi-Fi Rush
No mes de maio Microsoft sorprendeu anunciando o peche de 4 estudios de videoxogos que pertencÃan a Bethesda, sendo especialmente rechamante o caso de Tango Gameworks, por ser os responsables dun par de tÃtulos con grande acollida (Hi-Fi Rush e The Evil Within); pero hoxe a surcoreana Krafton (responsable de PUBG: Battlegrounds) sorprende anunciando a adquisición dos dereitos de Hi-Fi Rush.
Esta compra non se limita a facerse co control do aclamado e premiado videoxogo de cara a entregas futuras, senón que pretenden colaborar con Xbox e ZeniMax para manter o estudio xaponés Tango Gameworks, ou sexa, que a compra dunha marca traduciuse na práctica na resurrección dun estudio de videoxogos que xa se daba por desaparecido.
Dende Krafton queren deixar claro que esta operación non afectará de ningún xeito aos xogos actuais do estudio (Hi-Fi Rush, The Evil Within, The Evil Within 2 e Ghostwire: Tokyo).
- Hi-Fi Rush foi un dos xogos máis aclamados dos últimos anos, destacando especialmente en Xbox (de aà que sorprendese que Microsoft non quixese manter a súa aposta por Tango Gameworks)