Kodak quere recuperar este anos as cámaras Super 8

martes, 16 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Hai igual que Impossible Project e Polaroid Originals quixeron recuperar o espírito das máquinas fotográficas instantáneas, Polaroid leva un tempo traballando en resucitar o vídeo en Super 8, polo que Yves Behar deseñou unha cámara híbrida que actualmente están a probar distintos creadores audiovisuais que gustan das gravacións co toque retro que daban as vellas películas Super 8, aínda que esta nova versión conta con tecnoloxías modernas como unha pantalla LCD de 3,5 polgadas. Esta nova cámara terá un prezo de entre 2.500 e 3.000 dólares, control de velocidade e obxectivos intercambiables e, aínda que este desenvolvemento anunciouse hai xa un par de anos, está a levar moito tempo levalo a boa fin dado ante as dificultades para reconstruír o coñecemento en enxeñería detrás cas cámaras Super 8, que na súa meirande parte pasou ao esquecemento dentro de Kodak.
O procedemento de ensaio e erro para conseguir unha cámara Super 8 moderna e doada de empregar, para o que acompañarán ao produto do servizo Kodak Darkroom, que consiste en que ao mercar a película o consumidor tamén paga o envío e revelado, cunha vantaxe adicional: a película procesarase dixitalmente e subirase á Rede para que non sexa preciso agardar ao retorno da cinta física para poder ver o resultado.
Confían en que a nova cámara Super 8 de Kodak saia á venda ao longo do ano en varios países.

Kodak leva un par de anos amosando no CES de Las Vegas os seus avances na creación dunha nova cámara Super 8

Exemplos de gravación con prototipos da nova cámara Super 8 de Kodak