Kobo presenta 2 lectores de libros electrónicos a cor
mércores, 10 de abril do 2024
AÃnda que os lectores de libros electrónicos con pantallas a cor non son ningunha novidade revolucionaria, finalmente Kobo adopta esta tecnoloxÃa como unha nova opción para os seus consumidores, de xeito que a partir do vindeiro 30 de abril poderemos facernos cun dos seus novos lectores cun panel E Ink Kaleido 3.
O lector de libros electrónicos con pantalla a cor máis básico serÃa o Kobo Clara Colour, que cun prezo de 159,99 euros achega unha pantalla de 6 polgadas sen reflexos, que tira proveito da incorporación da cor para explorar a biblioteca de contidos e a experiencia de lectura, asà como un sistema de subliñado moito máis atractivo (xa que agora podemos marcar os textos con distintas cores).
A pantalla sen reflexos deste eReader tamén conta con modo escuro, adaptándose asà aos gustos de distintos perfÃs de usuario. O dispositivo tamén é resistente á auga (IPX8), facilitando asà a lectura en case calquera lugar.
Cómpre salientar que este tipo de trebello tamén conta con Bluetooth, para poder empregalo como un dispositivo para a reprodución de audiolibros.
O Kobo Clara Colour ten unha resolución de 300 puntos por polgada en branco e negro e 150 puntos por polgada en cor, ou sexa, que as cores son un complemento, de xeito que non serÃa un dispositivo axeitado para, por exemplo, ler banda deseñada, xa que terÃa moi pouca resolución na reprodución das cores (que tamén están moi apagadas para resultar atractivas e fieis ás obras orixinais).
VÃdeo promocional do Kobo Clara Colour
Outro produto que aÃnda resulta máis interesante é o Kobo Libra Colour, que cun prezo de 229,99 euros non só leva a súa pantalla até as 7 polgadas, senón que tamén incorpora compatibilidade co Kobo Stylus 2, de xeito que serve para realizar anotacións dun xeito natural, converténdose trebello con potencial para o seu uso en tarefas de produtividade (como a toma de notas ou a axenda, contando tamén con sincronización na nube). Este eReader tamén é compatible con Pocket, de xeito que os artigos que atopemos na web no noso móbil ou ordenador podemos gardalos para a súa lectura cómoda no lector de libros electrónicos.
VÃdeo promocional do Kobo Libra Colour