Knights of the Old Republic II chega hoxe a Steam

venres, 24 de agosto do 2012 Marcus Fernández

En 2005 LucasArts lanzou STAR WARS: Knights of the Old Republic II, título desenvolvido por Obsidian Entertainment e considerado un dos mellores videoxogos baseados na franquía cinematográfica de George Lucas (xunto coa primeira entrega desta serie de xogos), chega hoxe a Steam, de xeito que os actuais usuarios de PC poden facerse con este clásico moderno que se sitúa 5 anos despois de STAR WARS: Knights of the Old Republic, cos Señores de Sith levando aos Cabaleiros Jedi preto da súa extinción, momento no que encarnaremos a un Jedi solitario que é a única esperanza da República.
O xogo permite elixir entre 3 clases de Jedi (con distintas habilidades), optar por un dos lados da Forza durante o progreso da historia e tomando decisións que afectarán ao personaxe e aos aliados que se xuntarán a el durante a súa aventura.
Os usuarios que queira recuperar este xogo para PC poden adquirilo en Steam por 9,99 euros (o que pode parecer un prezo un pouco caro para un xogo tan vello, pero que sería susceptible de promocións posteriores).

No xogo poderemos optar entre 3 clases de Jedi
O xogo permítenos tomar o papel dun Jedi que é a única esperanza da República despois de que os Sith rematasen coa Orde Jedi

PUBLICIDADE