Kirby Wii será un dos grandes xogos de plataformas da consola doméstica de Nintendo
mércores, 8 de xuño do 2011
Despois da boa
acollida de Kirby’s Epic
Yarn para Wii, parecÃa evidente
que o carismático personaxe nacido na Game Boy non Ãa deixarnos coas ganas, e durante
o E3 Nintendo presentou o trailer de Kirby
Wii, un xogo que fuxe da orixinal proposta do anterior tÃtulo para
volver ás orixes, para postularse como un dos grandes xogos de plataformas para
a consola doméstica de Nintendo xunto co Super
Mario Bros Wii e Donkey Kong Country
Returns.
No novo xogo teremos un mundo moi colorido, distintos poderes por parte dos protagonistas,
ata catro xogadores en pantalla… propostas que deixan claro que pese a terse
anunciado xa a Wii U, a actual Wii non vai marchar sen facer ruÃdo, e nos
vindeiros meses achegaranos moitas sorpresas de alto nivel.
A historia de Kirby Wii sitúanos no
reino de Pop Star, onde tivo un accidente unha nave alienÃxena, polo que o noso
heroe vai viaxar por distintas terras para facerse coas pezas do vehÃculo
avariado para axudar aos alienÃxenas a volver ao seu fogar. Para esa tarefa
contará coa axuda de ata 3 xogadores que tomarÃan os papeis de Meta Knight,
King Dedede e Waddle Dee.
Este xogo está a ser desenvolvido por HAL Laboratory (responsables do anterior
xogo de Kirby e de outros grandes tÃtulos como Super Smash Bros Brawl) e agárdase que chegue ao mercado o vindeiro
outono.
Trailer de Kirby Wii
- No xogo Kirby poderá facer uso de distintos poderes
- En Kirby Wii o rosado heroe poderá contar coa axuda de 3 amigos