Kingston presenta novas memorias USB 3.0 rápidas e de grande capacidade

luns, 21 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A Kingston DataTraveler HyperX 3.0 é unha nova unidade de memoria USB que consegue as mellores velocidades e maiores capacidades, pois é compatible con conexións USB 2.0 de ata 30 MBytes/seg. de lectura/escritura e USB 3.0 de ata 225 Mbytes/seg. de lectura e 135 Mbytes/seg. de escritura con capacidades de 64, 128 e 256 Gbytes, máis propias de discos duros que dun pequeno accesorio de 74,99 x 23,29 x 15,9 milímetros.
Estas unidades de memoria son compatibles con portos USB 2.0 e USB 1.1, teñen unha carcasa resistente, e soportan a tecnoloxía ReadyBoost (para acelerar o funcionamento do equipo informático ao que se conecte).
Polo momento só se deu a coñecer o prezo dos modelos de 64 e 128 Mbytes, que serían de 193 e 377 dólares (143 e 279,36 euros respectivamente).


Vídeo de presentación das novas unidades de memoria Kingston DataTraveler HyperX 3.0

PUBLICIDADE