Kingdom Hearts chegará á 3DS no verán

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A saga de xogos Kingdom Hearts prepara a súa estrea na Nintendo 3DS, de xeito que as aventuras que mesturan aos personaxes de Square Enix cos de Disney poderán vivirse en 3 dimensións, estando programado o seu lanzamento nipón para o vindeiro día 29, mentres que en Europa agárdase que o lanzamento sexa o 27 de xullo.
Kingdom Hearts 3D: Dream Drop Distance escribirá o primeiro capítulo do conflito final desta saga que está a achegarse á súa conclusión agora que chega ao seu décimo aniversario, segundo comentou o seu director Tetsuya Nomura.

Os personaxes de Tron Legacy aparecerán en Kingdom Hearts 3D

Neste xogo no que Sora e Riku, personaxes de Square Enix, serán enviados polo Rei Mickey e Yen Sid aos Mundos dos Soños para cumprir cunha serie de probas, atoparanse cunhas criaturas devoradoras de soños que deberán recrutar coma aliados; aínda que estes seres non son a única novidade do xogo, senón que tamén poderemos ver un mundo inspirado na película de El Jorobado de Notre Dame e incluso será posible introducirse no mundo dixital da película Tron Legacy (aínda que este universo xa saía no Kingdom Hearts II, aínda que na versión do filme Tron de 1982).


Trailer do xogo

Parece que no xogo aparecerán as carreuras de motos de luz de Tron
Portada que terá o xogo para Nintendo 3DS

PUBLICIDADE