Kingdom Hearts III visitará o mundo de Monstruos, S.A.
luns, 12 de febreiro do 2018
Este ano Square Enix e Disney farán posible o lanzamento de Kingdom
Hearts III para Xbox One e PlayStation 4, xogo no que poderemos visitar
numerosos mundos de fantasía moi coñecidos para os amantes da animación entre
os que estará Monstruópolis, ou sexa, que Sora, Donald e Goofy visitarán o
universo de Monstruos, S.A. para unir
forzas con Mike Wazowski e Sulley
Sullivan, quen aterrorizarán aos seus inimigos con ataques combinados especiais,
segundo puidemos ver no tráiler do xogo estreado esta fin de semana en Tokio.
Adicionalmente tamén desveláronse novas escenas cinemáticas e imaxes da
xogabilidade do mundo inspirado en Toy
Story, amosouse á princesa Rapunzel de Enredados
como membro do equipo, víronse impresionantes transformacións da chave espada,
contemplouse un sistema Nexo con Ariel (La
Sirenita) e incluso o regreso do onírido Marramaguau, así como dos malvados
Marluxia e Vanitas.
Novo tráiler de Kingdom Hearts III