Killzone: Mercenary chegará a PS Vita en setembro
xoves, 31 de xaneiro do 2013- Xa se coñece o deseño da carátula do xogo
A franquÃa de xogos de acción en primeira persoa, Killzone, tras a súa estrea para
PlayStation 2, contou cunha secuela para PSP (Killzone: Liberation) tras a que logo chegaron Killzone 2 e Killzone 3 para
PlayStation 3, polo que parecÃa evidente que antes da chegada da PlayStation 4
iamos poder gozar dun novo xogo portátil da saga, que finalmente teremos o 18
de setembro para PS Vita, e levará por nome Killzone:
Mercenary, prometendo un punto de vista completamente innovador este
xogo no que tomaremos o papel dun mercenario que loitará contra os despiadados
Helghast e os perigosos ISA.
Pero non só sabemos agora a data de lanzamento de Killzone: Mercenary, senón que tamén veñen
de publicar imaxes do xogo e incluso un trailer onde pode verse o mesmo en
acción, podendo comprobar que este tÃtulo está a tirar bo proveito do motor
empregado en Killzone 3, pero levado
a un dispositivo móbil.
- No novo Killzone tomaremos o papel dun mercenario
Killzone: Mercenary contará con 9
misións para un xogador (de preto dunha hora de duración cada unha), achegando
unha experiencia de Killzone completa
e con retos adicionais que se desbloquean ao superar cada misión (instando a
volver a xogalas), pero non carecerá dun modo multixogador con 6 mapas para 8
xogadores e con 3 tipos de xogo diferentes, garantindo moitas horas de acción,
suplindo asà unha das principais eivas dos xogos móbiles deste tipo, que tenden
a ter unha duración moi curta.
Novo trailer de Killzone: Mercenary
- O xogo para PS Vita corre co mesmo motor que Killzone 3