Killzone 3 terá unha impresionante edición especial

venres, 29 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O 22 de febreiro chegará ás tendas o agardado xogo para PlayStation3 Killzone 3, aínda que os máis fieis seareiros desta franquía poderían non conformarse coa súa edición ordinaria, xa que Sony vén de anunciar unha edición limitada coñecida coma Helghast Edition e que por un prezo de 129,99 dólares (o prezo europeo aínda non foi anunciado) incluirá un casco Helghast que agocha no seu interior un libro de ilustracións (con imaxes do universo Killzone), unha tarxeta para a descarga de contidos adicionais (banda sonora e tema dinámico, mapas retro de Killzone 2 e un acceso multixogador limitado de 24 horas no que poderase gañar o dobre de experiencia e usar todas as armas e habilidades do xogo) e a caixa co propio xogo. Tamén inclúe un making of do xogo e unha figura Helghast articulable que non estará dispoñible en tendas. Todo un luxo que servirá para decorar o cuarto dos xogadores máis entusiasmados coa terceira entrega desta franquía exclusiva de Sony.

Cartel no que detallan as características desta edición especial

PUBLICIDADE