Killzone 3</Em> estrea trailer

xoves, 3 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Aínda que faltan uns días para o E3, os responsables de Killzone 3, un dos máis prometedores xogos en desenvolvemento para PlayStation 3, non queren facer esperar aos seus seareiros, e publicaron na páxina web oficial do título tanto unha chea de novas capturas de imaxe da nova entrega da saga coma un interesante trailer do xogo para ir abrindo boca e prometendo que en breve chegará un segundo vídeo promocional no que si poderán verse imaxes do xogo en funcionamento.
Dende Guerrilla Games tamén quixeron desmentir as informacións que apuntaban a que a xente de Naughty Dog estaba a colaborar con eles no desenvolvemento deste novo xogo para dotalo dunha maior historia, pois parece ser que non precisan de axuda para crear escenarios que chegan a ser ata 10 veces maiores que os da súa anterior entrega, tirando cada vez máis proveito do hardware da PS3 e prometendo levalo ao máximo nivel.


Novo trailer de Killzone 3

PUBLICIDADE