Killer Instinct e Deus Ex estarán entre os xogos que recibirán en xaneiro os usuarios Gold de Xbox LIVE

luns, 21 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Microsoft anuncia hoxe os xogos que durante o mes de xaneiro recibirán sen custo adicional os subscritores de Xbox LIVE Gold, coa grande vantaxe agora de que todos os xogos funcionaría na Xbox One, xa que os títulos para Xbox 360 son retrocompatibles, o que supón un claro incentivo para dar o salto á consola de nova xeración da compañía de Redmond (en contraste co que acontece coa PlayStation 4, plataforma que precisa volver pagar polos vellos xogos de querer gozar dos mesmos).
Xaneiro comeza forte para os usuarios de Xbox LIVE Gold, xa que durante todo o mes poderán facerse na Xbox One con Killer Instinct na súa Edición Completa Ultra (valorada en 39,99 euros), ou sexa, cos loitadores Jago, Sabrewulf, Thunder, Glacius, Sadira, Orchid, Spinal e Fulgore (xunto con numerosos contidos adicionais); e para completar a oferta de xaneiro da Xbox One durante a segunda metade poderase adquirir Zheros, xogo independente de acción de desprazamento lateral ambientado nun universo futurista con gráficos coloridos e personaxes tipo cartoon.
Tamén son de primeira liña os xogos de Xbox 360 de xaneiro, con xogo de condución DiRT Showdown (valorado en 14,99 euros) no primeiro trimestre, e con magnífico xogo Deux Ex: Human Revolution (valorado en 14,99 euros) durante a segunda metade do mes. Este último xogo é todo un clásico moderno do xénero cyberpunk que supuxo a recuperación dunha franquía moi reputada, e que chega nun momento magnífico, xa que permite revisar esta saga antes do verán, cando está previsto o lanzamento de Deus Ex: Mankind Divided, a súa secuela, que contará con versións para PC, PS4 e Xbox One.

Os usuarios Gold poderán incluír na súa colección de xogos o Deus Ex: Human Revolution de Xbox 360 durante a segunda metade de xaneiro

PUBLICIDADE