Kensington leva a tecnoloxía DisplayLink ós Mac

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A tecnoloxía DisplayLink, que permite incorporar a un ordenador monitores adicionais a través de portos USB (en lugar do habitual conector VGA ou DVI) deixará de estar dispoñible en exclusiva para usuarios de Windows XP e Vista, pois Kensington estrea un dispositivo para levar esta tecnoloxía ó Mac OS X.
O Kensington SD200V permitirá así que a través dun único porto USB 2.0 se poida facer uso de altofalantes, un monitor VGA e ata 5 dispositivos USB, vendéndose a 139,99 dólares (95,37 euros).
O mesmo fabricante tamén estreou unha solución que permite a conexión de ata 4 monitores adicionais a través un único porto USB 2.0.

PUBLICIDADE