Just Dance 2016 estrea versión de demostración
venres, 31 de xullo do 2015
Para o
vindeiro 22 de outubro está previsto o lanzamento de Just Dance 2016,
o xogo de baile que promete repetir o seu éxito un ano máis para Wii U, Xbox
One e PS4, e para ir quecendo motores vén de lanzar un curioso xeito de probar
o xogo de xeito anticipado, paro o que teremos que descargar a aplicación Just Dance Controller no
noso smartphone Android ou iPhone,
para asà poder descargar a canción Blame
de Calvin Harris Ft. John Newman e asà comezar a gozar desta demo.
Aparte da mencionada aplicación móbil, tamén teremos que descargar a versión de
demostración de Just Dance 2016 na
tende de aplicacións da nosa consola de videoxogos da actual xeración. Para
poder gozar da demo serÃa asà necesario que executemos o xogo na consola e a
aplicación no smartphone e, de estar ambos dispositivos conectados á mesma
rede, funcionará a comunicación entre ambos e poderemos gozar dun adianto da
experiencia de Just Dance 2016 cun
par de meses de antelación.
VÃdeo promocional da demo de Just Dance 2016