Just Cause 3 sae á venda en plena campaña de Nadal
martes, 1 de decembro do 2015
Para completar o catálogo de xogos que animarán esta campaña
de Nadal, chega hoxe ás tendas o xogo de acción Just Cause 3 para
Xbox One, para
PlayStation 4 e para PC,
que ten un prezo de 69,99 euros na súa versión para consolas domésticas e de
49,99 euros para ordenadores persoais.
Este xogo chega para atender a demanda de xogos que vaian máis aló de títulos
deportivos e shooters en primeira
persoa, xa que achega unha experiencia de acción moi cinematográfica da que
esta franquía xa fixo gala en anteriores entregas e que agora consegue ser
aínda máis espectacular grazas á potencia das consolas de nova xeración.
Just Cause 3 permítenos explorar unha
paradisíaca illa mediterránea con grande liberdade de movementos verticais (de
xeito que podemos facer salto base ou empregar un paracaídas por todo este
mundo aberto); utilizar o gancho e o para escalar edificios, roubar vehículos,
moverse rapidamente ou amarra obxectos e, en definitiva, desatar o caos de
xeitos impresionantes; causar a destrución de bases militares, portos,
prisións, comisarías... para derrocar ao ditador local; equiparse cun arsenal
variado (dende escopetas até lanzamísiles); elixir entre unha grande variedade
de vehículos (lanchas motoras, cazas de combate, helicópteros, coches
deportivos...); superar numerosas misións; coleccionar obxectos e gozar incluso
de funcións en liña. Un xogo, sen dúbida, a ter moi en conta de cara ás compras
de Nadal.
- Just Cause 3 destaca pola súa liberdade aérea
Tráiler de lanzamento de Just Cause 3