Journey estrearase o mércores na PlayStation Store

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Este mércores a PlayStation Store recibe un agardado título descargable, Journey, un traballo de thatgamecompany (creadores de flOw e Flower) que chega en exclusiva para PlayStation 3 por 14,99 euros, e que entusiasmou á crítica de todo o mundo por ofrecer unha nova proposta xogable realmente innovadora, na que hai que emprender unha viaxe dunhas 3 horas de duración na que o imporante non é o que alí acontece, senón as emocións que transmite a aventura ao usuario.
Este título ofrece uns gráficos moi coidados que logran envolver ao xogador nunha experiencia na que non é preciso recorrer a violencia para captar a atención, á vez que unha doce melodía acompaña a acción, converténdoa en case unha danza. Temos así un excelente título ao que moitos resistiranse en chamar videoxogo, que serve de exemplo de que nunha viaxe percorrer o camiño pode ser máis importante que chegar ao destino.


Trailer de Journey