Journey estrea versión para PlayStation 4
martes, 21 de xullo do 2015
O aclamado xogo Journey,
que máis que un xogo está considerado como unha experiencia interactiva moi
persoal, estrea hoxe versión
para PlayStation 4 a un prezo de 14,99 euros (11,99 euros para os
subscritores de PS Plus) e que será de balde para os que xa mercaran a súa
versión para PlayStation 3 (xa que o xogo ofrece Cross-Buy).
Como oferta exclusiva da PlayStation Store europea, os usuarios que merquen Journey de aquí ao vindeiro luns poderán
recibir de balde un tema estático do xogo para a súa consola PlayStation 4.
O
xogo para PS4 tamén será compatible co sistema de xogo remoto, o que permite
que os usuarios que teñan unha PS Vita poidan controlar a distancia a partida
que corra na súa PlayStation 4.
Sony tamén está a preparar unha edición para coleccionistas de Journey para PS4, que poderá conseguirse
en descarga ou en soporte físico a partires do 30 de setembro, e que incluirá
tamén a outras dúas grandes obras do estudio thatgamecompany (Flower e flOw).
Tráiler en español do xogo