Journey chega a iOS
martes, 6 de agosto do 2019
En marzo de 2012 thatgamecompany, compañÃa responsable dos
xogos flOw e Flower, volveu
tocar a fibra dos xogadores de PlayStation 3 co xogo Journey, que
durante unhas 3 horas convidaba ao usuarios a emprender unha viaxe na que a
estética visual e sonora consegue transmitir emocións até o punto de que non
son poucos os que consideran que Journey é máis unha experiencia que un
xogo.
Xa en
2015 Journey adaptarÃase a PlayStation 4, actualización que serÃa de
balde para quen xa tivese mercado a edición para PS3, mantendo o xogo como
exclusivo para consolas de Sony até o pasado mes de xuño, cando o tÃtulo estreouse en
PC a través da Epic Games Store, e nesta nova vÃa para abrir a novos usuarios,
sorprendeu chegando a iOS nas últimas horas, de xeito que xa podemos mercalo para
iPhone ou para iPad por 5,49 euros.
O xogo para iOS mantén a súa coidada estética, mudando principalmente con
respecto ao resto de versións ao contar cun sistema de control táctil. De
feito, a versión móbil de Journey incluso conserva a posibilidade de
viaxar en compañÃa doutro usuario, conseguindo asà unha experiencia diferente
de exploración de ruÃnas e desertos.
Tráiler de lanzamento de Journey para iOS