Jetpack Joyride chega ás consolas de Sony

mércores, 21 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Coa actualización da PlayStation Store desta tarde chega ao catálogo de xogos descargable o grande éxito de Halfbrick Studios para dispositivos móbiles, Jetpack Joyride, divertido xogo que entre Google Play e a App Store superou os 35 millóns de descargas e agora poderá mercarse por 3,99 euros para poder gozar do mesmo en PSP, PS3 e PS Vita.
O xogo colócanos na pel de Barry Steakfries, un vendedor de gramófonos que descubriu un laboratorio segredo e que deberá fuxir do mesmo propulsado por un jetpack mentres esquiva raios láser, mísiles e mandos a distancia eléctricos. No camiño tamén poderá facer uso de vehículos de proba un tanto ridículos (coma unha avioneta con forma de paxaro que debe mover as ás para manterse no aire) e deberá recoller moedas, que serán decisivas para prograsar no xogo equipando ao protagonista con novos jetpacks e accesorios, o que contribuirá a superar os 34 logros incluídos en Jetpack Joyride.


Trailer de Jetpack Joyride para PSP, PS3 e PS Vita

PUBLICIDADE