Jesús Calleja e Adamo visitan o concello gañador do concurso para reivindicar a vida nas vilas e aldeas: Ribadeo

luns, 10 de maio do 2021 S. P.

Adamo vén de lanzar nas redes o vídeo da visita do presentador Jesús Calleja á vila galega de Ribadeo, con motivo da proclamación do municipio da Mariña de Lugo como gañador da distinción El pueblo más amado, que organizou a operadora Adamo para “pór en valor a vida no ámbito rural”.
O presentador prometera no seu día desprazarse ao municipio gañador do devandito curso, no que participaron 1.200 localidades. Calleja, que é embaixador de Adamo, saudou aos veciños mentres percorría varios recunchos emblemáticos do concello xunto co alcalde, Fernando Suárez.
O resultado disto foi un vídeo con imaxes da localidade para axudar ao operador na súa campaña para destacar os beneficios de residir en poboacións de tamaño medio ou pequeno.
Como lembraremos, grazas a terse imposto no concurso da operadora, o concello de Ribadeo terá Internet de 1.000 Mbps gratis durante un ano e os seus habitantes -que sexan novos clientes- disporán de paquetes de fibra óptica por 1 euro ao mes. A empresa xa proporciona sinal a 60.000 fogares de Lugo, entre outras poboacións, en Begonte, Cervo, A Fonsagrada, Celeiro, Barreiros ou Foz.

PUBLICIDADE