Jazztel tamén rebaixa a fibra de 300 Mbps
mércores, 30 de agosto do 2023
Jazztel,
operador de Orange, tamén se suma á oferta de ofrecer, antes do remate de
agosto, a posibilidade de contratar unha liña de fibra óptica de 300
Mbps e teléfono fixo por menos de 20 euros/mes, deixando claro que os
operadores queren evitar a fuxida de clientes a Digi. No caso de Jazztel cómpre
salientar que a liña de teléfono fixo non inclúe chamadas (de querer engadirlle
tarifa plana de voz a tarifa subiría até os 22,95 euros/mes).
Cómpre lembrar que nesta vaga de ofertas están a fibra de 300 Mbps de
Vodafone yu con fixo con chamadas ilimitadas por 20 euros/mes; Xenet ofrece fibra de 300 Mbps con
fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles por 20,90 euros/mes;
Digi ofrece fibra de 300 Mbps por 25 euros/mes con chamadas ilimitadas por 3
euros máis, aínda que nas zonas con rede propia (como a cidade da Coruña) a
oferta mellora moito, ofrecendo fibra de
500 Mbps por 15 euros/mes; e os operadores Movistar e MásMóvil tamén teñen
tarifas de fibra de 300 Mbps con fixo por menos de 20 euros/mes, pero nestas
últimas ocasións a oferta é só durante 12 meses, mentres que nas anteriores o
prezo non ten limitación temporal.