Javi Rocamora mostra as claves da nova mercadotecnia dixital ante emprendedoras compostelás
mércores, 28 de novembro do 2018
A
Cámara de Santiago
organiza mañá no viveiro de Costa Vella, a partir das 10.00 horas,
unha xornada de balde sobre redes sociais e mercadotecnia dixital
para emprendedoras e empresarias. A cita, que se estenderá até as
14.00 horas, servirá para mostrar ante as asistentes ferramentas e
recursos básicos, de utilidade, para elaborar un plan de marketing
actual e eficiente que, en palabras da Cámara, contribúa a
enriquecer cadansúa estratexia de negocio. A xornada contará coa
presenza de Javi Rocamora, experto en actividade empresarial ligada
ás redes.
A
actividade forma parte do programa de Apoio Empresarial ás Mulleres
(PAEM), que desenvolve a Cámara compostelá co co-financiamento do
Fondo Social Europeo (FSE), o Instituto da Muller e para a Igualdade
de Oportunidades e a Cámara de Comercio de España.
O
formador de mercadotecnia dixital Javier Rocamora impartirá a
sesión, explicando a importancia de contarmos cunha estratexia
definida para redes sociais, a elaboración dun plan de promoción en
liña, o uso profesional e a xestión de contidos nas redes sociais,
as claves do posicionamento SEO ou a publicidade nas novas canles e
plataformas.