Jack Sparrow chega a Sea of Thieves

martes, 22 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Un dos xogos máis ambiciosos de Microsoft, Sea of Thieves, non goza aínda da sona que merece, pero expansión que está a recibir, A Pirate’s Life, pode mudar isto, xa que esta actualización de balde é un crossver cos Piratas do Caribe da Disney, de xeito que os xogadores poderán unir forzas co capitán Jack Sparrow para salvar o Mar dos Ladróns nunha emocionante aventura orixinal.
A expansión inclúe 5 grandes relatos que conforman unha historia orixinal protagonizada por Jack Sparrow xunto aos piratas de Sea of Thieves, permitindo aos xogadores viaxar a reinos estraños e somerxerse nas profundidades do mar na súa misión para derrotar ao malvado Davy Jones.
Sea of Thieves está dispoñible para Xbox One, Xbos Series X|S, Windows 10 e Steam, así como a través do Xbox Game Pass.

Incluso os míticos barcos de Piratas do Caribe chegan a Sea of Thieves
Na nova expansión os xogadores unen forzas con Jack Sparrow

Vídeo no que dan a coñecer en profundidade a nova expansión de Sea of Thieves

PUBLICIDADE