Iomega estrea unidades SSD de 1,8 polgadas con USB 3.0

venres, 15 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Os discos duros externos portátiles de 2,5 polgadas son bastante reducidos e compactos, pero o seu tamaño aínda pode reducirse máis, así como as súas prestacións, de aí que Iomega apunte alto coas seus novas unidades externas, que son unidades de estado sólido (silenciosas, con menor consumo e máis resistentes ao movemento) de 1,8 polgadas (máis doadas de transportar), con conectividade USB 3.0 e con capacidades de 64, 128 e 256 Gbytes, aínda que cuns prezos de partida bastante elevados (229,399 e 749 dólares respectivamente).
Estas novas unidades poranse á venda o mes que vén, incluirán ferramentas anti-virus, para copias de seguridade e para o clonado de discos precargadas, soportan encriptación de 256 bits (para protexer a información de miradas alleas) e incluso resiste caídas de ata 3 metros de altura. Grazas a estarmos ante unidades SSD teremos unha velocidade que dobraría a outras unidades SATA de 7.200 rpm conectadas a través de USB 3.0, polo que entendemos que a barreira para a adopción desta tecnoloxía está principalmente no seu elevado prezo.

O tamaño das unidades de 1,8 polgadas é máis compacto do que estamos afeitos

PUBLICIDADE