Intel presenta un novo tablet deseñado para uso escolar
mércores, 11 de abril do 2012
- O Intel Studybook é resistente a po, auga e caÃdas.
Despois dunha forte aposta pola introdución de ordenadores
ultraportátiles nas aulas co Classmate PC, Intel presenta agora un novo
dispositivo que pretende converterse nunha fiestra ao mundo para o alumnado,
o tablet Studybook, que destacará por un deseño reforzado (para resistir a
manipulación por parte de cativos) e incorporar software educativo.
O Studybook
funciona cun procesador Intel Atom Z650, ten unha pantalla LCD multi-táctil
capacitiva de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 1 Gb de RAM,
cámaras frontal e traseira, USB 2.0, saÃda HDMI, fendas para tarxetas microSD e
SIM (no modelo con conectividade 3G), Wi-Fi, Bluetooth (opcional), unha
autonomÃa de ata 5 horas e media, unhas medidas de 207 x 135 x 16,5 milÃmetros
e un peso de 525 gramos. O seu prezo deberÃa ser inferior aos 200 dólares.
Estará dispoñible en capacidades de 4, 8, 16 e 32 Gb,
poderá funcionar con Windows 7 e Android 3.0 e, no tocante á súa resistencia,
poderÃa soportar unha caÃda a 70 centÃmetros de altura e tamén resiste po e
auga (dentro dos parámetros da certificación IP41).
Dende Intel consideran que os tablets son uns dispositivos máis atinados para a
docencia que os ordenadores portátiles, ofrecendo unha experiencia máis próxima
aos libros de texto (o que facilita a adaptación das experiencias educativas)
sen pecharse á interactividade, permitindo incluso debuxar e tomar notas.
Buscan asà definir a educación para o século XXI como amosan no seguinte vÃdeo:
- O Studybook está deseñado pensando nunha boa integración nas aulas
- O tablet conta con cámaras frontal e traseira