Intel presenta novos procesadores para ultraportátiles
luns, 31 de maio do 2021
Co
gallo da feira Computex 2021, Intel está a presentar 2 nosos procesadores da
familia Intel Core de 11ª xeración dirixidos á equipos portátiles aos que
achegan mellor desempeño, grande conectividade e, en definitiva, unha
experiencia propia dos equipos actuais.
Os novos procesadores serÃan concretamente os Intel Core i7-1195G7 e Intel Core
i5-1155G7, que poderemos ver no mercado en numerosos equipos portátiles de
fabricantes como Acer, Asus, Lenovo e MSI, achegando velocidades de até 5 GHz
(algo nunca visto en equipos ultraportátiles), un desempeño até un 25% superior
sobre procesadores da competencia, conectividade Wi-Fi 6/6E, optimización ISV (conseguindo
transcodificar vÃdeo até 8 veces máis rápido que a competencia e editar vÃdeo
até o dobre de rápido) e permitir gozar de xogos Full HD cunha relación de fotogramas
até 2,7 veces maiores que a competencia.
Tamén presentaron a tecnoloxÃa Intel 5G Solution 5000, que case multiplica por
5 a velocidade das conexións Gigabit LTE, e que permitirá integrar módulos con
conectividade 5G en formato M.2, que este mesmo ano veremos en portátiles de
distintas marcas, e que sumada á mencionada Wi-Fi 6/6E garante unha
conectividade sen fÃos de alta velocidade con independencia de que esteamos
baixo conexións fixas ou móbiles.