Instagram proba a ocultar os gústames a nivel mundial
xoves, 14 de novembro do 2019
Dende Instagram están a realizar probas do que poderÃa
chegar a ser un cambio profundo no funcionamento desta plataforma social, que
consistirÃa en agochar
os gústames de cada publicación, de xeito que os usuarios poderÃa saber a
quen gustaron as súas publicacións, pero tal cantidade non serÃa visible para
terceiros, co que buscan que os usuarios atenden aos contidos pola súa
afinidade aos mesmos e non porque vexan que gustan a moita xente.
Esta funcionalidade leva meses probándose en distintos territorios, pero agora
aseguran que as probas están a realizarse entre un número reducido de usuarios,
pero de todo o mundo, o que dá a entender que este programa piloto está a
funcionar ben, e vai camiño de converterse nunha prestación oficial.
A aplicación desta medida está a tomarse con cautela, porque poderÃa prexudicar
seriamente a moitos creadores e influencers, xa que resultarÃa difÃcil
que puidesen facer visible o seu nivel de éxito, afectando tanto aos seus
ingresos como aos seus ritmos de crecemento.
Agochar o número de gústames obrigarÃa a que Instagram achegase ferramentas
para que os patrocinadores puidesen saber da difusión que teñen as publicacións
pagadas, xa que non poden fiarse unicamente da palabra do influencer
contratado.