Instagram fai máis accesible a creación de historias con mencións
venres, 24 de xaneiro do 2020
Nos últimos meses Instagram incorporou á súa cámara unha
opción para facilitar a creación de historias para realizar creacións de texto,
felicitar aniversarios, compartir imaxes animadas, lembrar publicacións pasadas,
realizar preguntas e programar recordatorios, ás que vén de
incorporarse a posibilidade de responder a mencións, algo que podÃa facerse
por outras canles (concretamente a través das mensaxes directas), pero que
agora chega a este apartado para facer máis accesible esta forma de crear
historias.
A nova opción ten como sÃmbolo unha arroba (@) e só aparece se a nosa conta recibiu
mencións públicas en historias nas últimas horas, permitindo elixir entre as
distintas mencións recibidas, sendo unha opción moi práctica para contas que
promoven o contido xerado polos usuarios.