Injustice: Gods Among Us medra en plataformas coa súa edición definitiva

luns, 7 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Armature Studio anunciou hoxe que o vindeiro 29 de novembro estreará para PlayStation Vita o xogo Injustice: Gods Among Us, que xa contaba con versións para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U, e que ao chegar máis tarde incluirá os contidos descargables para o mesmo que foron aparecendo nos últimos meses sen custo adicional no que dan en chamar Ultimate Edition. O xogo intenta trasladar a experiencia que o xogo achegaba na PlayStation 3 á portátil de Sony, conseguindo unha fluída animación a 60 cadro por segundo, á vez que tamén incorpora funcionalidades como a posibilidade de gozar de multi-xogador ad-hoc, así como o tradicional modo multi-xogador por Wi-Fi e controis táctiles no Modo Historia.
Armature encargouse de levar á PS Vita este xogo de NetherRealm Studios, estudio que tamén prepara as súas respectivas Ultimate Edition do xogo de superheroes que non só chegará ás plataformas para as que xa estaba á venda, senón que tamén terá entregas para PlayStation 4 e Windows PC, incluíndo en todos os casos os contidos descargables publicados nos últimos meses (entre os que destacaban varios loitadores adicionais como Lobo, Zod, Batgirl, o Detective Marciano e Zatanna).

O xogo permite vivir combates no máis puro estilo de Mortal Kombat protagonizados por personaxes do Universo DC

PUBLICIDADE