Injustice 2 chegará a Xbox One e PS4 o ano que vén
mércores, 8 de xuño do 2016
Coller aos personaxes máis coñecidos do Universo DC e
colocalos nun futuro alternativo escuro
que xustifique enfrontamentos violentos entre os distintos heroes foi unha
xenialidade de Injustice: God Among Us,
xogo no máis pulo estilo de Mortal Kombat
que sentou as bases dun fío argumental que deu pé a unha das coleccións de
cómics de máis éxito de DC na actualidade, polo que a súa secuela parecía
inevitable, e finalmente Warner Bros. Interactive Entertainment e DC
Entertainment anuncian que Injustice 2 xa está
en mas de NetherRealm Studios para que en 2017 poida ser unha realidade para
PlayStation 4 e Xbox One.
Ed Boon, de NetherRealms Studios asegura que “en Injustice 2 introduciremos novas características que mudarán o
xeito no que os afeccionados empregan os xogos de loita”, xénero no que teñen
moita experiencia, e ao que pretenden achegar elementos de personalización e
progresión que supoñan un importante paso adiante neste xogo.
En Injustice 2 continuaremos a ver a
personaxes clásicos como Batman, Superman, Supergirl e Aquaman, así como a
novos viláns como Atrocitus e Gorilla Grodd, transcorrendo os enfrontamentos en
contornos tamén icónicos como Metrópolis, Gotham e Atlantis.
Tráiler de presentación de Injustice 2