Infinity Blade convértese no xogo para iPhone con mellores vendas iniciais
luns, 13 de decembro do 2010
O iPhone e o iPod
Touch teñen sona de ter consolidado unha plataforma de comercialización de
videoxogos de grande potencial, que ten exemplos de éxito realmente
espectaculares coma Doddle Jump, Plants vs Zombies, Angry Birds ou Cut The Rope,
aos que agora súmase Infinity Blade, xogo de Epic Games que saÃu á venda a semana pasada
e que xa fixo historia, non só por ser o primeiro xogo móbil co motor Unreal
Engine 3, senón tamén por vender
274.000 copias nos seus primeiros cinco dÃas na App Store, o que sumarÃa entre
1,2 e 1,37 millóns de euros (cantidade que varÃa por non ter o xogo o mesmo
prezo internacionalmente), superando sobradamente o millón de dólares de
ingresos brutos que conseguira Cut The
Rope nos seus primeiros 10 dÃas á venda.
Tamén podemos descargar o feito de que para crear outros tÃtulos deste nivel
gráfico para iPhone, iPod Touch ou iPad non será preciso traballar en Epic
Games, xa que a compañÃa ofrecerá o seu kit de desenvolvemento de xogos (actualmente
en fase de probas) de balde, o
que supón
un interesante incentivo para que os desenvolvedores de iOS queiran
aproveitar esta tecnoloxÃa para crear grandes tÃtulos para plataformas móbiles.
Cómpre lembrar que aÃnda que o Unreal Development Kit sexa de balde, publicar
xogos de pagamento desenvolvidos co mesmo ten un custo (groso modo o 25% dos
ingresos).